Clases co clarinetista Maximiliano Martín

luns, 10 Febreiro, 2014

A EAEM ofrece tres prazas para que alumnos externos ao centro poidan asistir ás clases maxistrais do trompetista tinerfeño Maximiliano Martín. As sesión celebraranse o mércores 26 de febreiro, de 10:00 a 14:00 horas, e o venres 28, de 12:00 a 13:00 horas. Os músicos que desexen participar nestas sesións poderán matricularse a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Para os que opten por acudir só como oíntes non hai límite de prazas.

 

Ademais, o músico actuará como solista coa Real Filharmonía de Galicia. Celebraranse dous concertos, o xoves 27 no Auditorio de Galicia e o venres 28 no Palacio da Ópera da Coruña.

 

Actúa e imparte clases en todo o mundo

 

Nacido no municipio tinerfeño da Orotava, Maximiliano Martín estudou en Tenerife e no Royal Collage of Music de Londres, onde se graduou con honores. É un dos músicos máis interesantes e carismáticos da súa xeración. Despois de ser nomeado Clarinete Solista da Scottish Chamber Orchestra en 2002 e gañar o Certame de Novos Artistas “Tillet Trust” no mesmo ano, debutou en salas tan prestixiosas como o Wigmore Hall de Londres, no Queens Hall de Edimburgo ou no Glasgow Royal Concert Hall, entre outras.

 

Ten participado en multitude de festivais internacionais e ten sido galardonado en diversos concursos. Como solista actuou coas orquestras e as formacións de cámara máis importantes de Europa e mesmo en Sudáfrica, baixo as batutas máis ilustres. É membro do London Conchord Ensemble, un grupo que toca con regularidade no Reino Unido e noutros países. No campo docente é moi activo, impartindo clases por todo o mundo, incluído o continente asiático.