Radio Galicia-Cadena SER premia o talento da RFG

mércores, 25 Novembro, 2015

Radio Galicia-Cadena SER celebra a cuarta edición dos premios SERenidade recoñecendo o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vencelladas a Galicia. Nesta edición a emisora quere recoñecer o traballo da Real Filharmonía de Galicia, posto que “a orquestra alcanza a excelencia musical no seu 20 aniversario e dende Santiago proxecta o seu traballo grazas á súa vocación internacional con xiras e concertos por todo o mundo”.

 

Os outros premiados son Proxecto Home, o decano do Colexio de Avogados de Santiago, a Facultade de Matemáticas da USC, o Festival da Luz e o campión do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya. Os galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar o 1 de decembro no Auditorio de Galicia. Participará o grupo de teatro Chévere, premio nacional de teatro 2014, e, entre outras personalidades, asistirá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.