Visitas guiadas pola mostra dos 25 anos do Consorcio en Fonseca (1, 3, 8 e 10 de agosto, 12:00 h)

venres, 28 Xullo, 2017

O organismo promove unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes, a Casa do Cabido (na praza das Praterías), onde se reúne o labor cultural da entidade; e o Colexio de Fonseca, que concentra as súas actuacións no patrimonio histórico. Co fin de que os cidadáns coñezan de preto o traballo do Consorcio no patrimonio histórico da cidade ao longo destes anos, programaranse unha serie de visitas guiadas á mostra de Fonseca. Terán lugar os martes e xoves da primeira quincena de agosto (días 1, 3, 8 e 10), ás 12:00 horas.

 

A encargada de servir de guía nestas visitas será a arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio Idoia Camiruaga. Os interesados en facer o percorrido deberán acudir directamente á sala de exposicións do Colexio de Fonseca.

 

Horarios da exposición

 

A exposición permanecerá no Colexio de Fonseca ata finais de setembro, en horario de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas (os domingos e festivos está pechado). E na Casa do Cabido estará tamén ata o 30 de setembro, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas; os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.