A Casa do Cabido vai pechar as súas portas durante uns días debido a unha avaría técnica. Estará pechada dende esta tarde (mércores 7 de febreiro) ata que se solvente o problema. O Consorcio de Santiago agarda que sexa o menor tempo posible e avisarase cando poida abrir de novo.