![](http://dev.consorcio-santiago.org/sites/default/files/styles/large/public/multimedia/images/2019/06/premio2.jpg?itok=THzcMcS_)
O fotohistoriador Carlos Castelao recibiu o Premio Antón Losada Diéguez na sección de “investigación e ensaio” polo seu libro “As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX”. A obra está coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
É o traballo máis completo que se coñece sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto, con máis de 350 imaxes, moitas delas inéditas.