Axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica

luns, 11 Novembro, 2019

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa “Localízate”, dirixido á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica, por un importe global de 75.000 euros. Darase prioridade ás actividades de servizos, aos talleres artesanais e ao comercio de proximidade como motor económico. E a Oficina Técnica do Consorcio ofrece aos solicitantes a redacción da documentación técnica no caso de obras de pequena entidade. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 18 de novembro.

 

Máis información