O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. No transcurso da xuntanza avanzouse en diversas actuacións que se incorporan ao presuposto de 2020; en particular, resulta prioritario intervir nas cubertas do Pazo de Raxoi. Así mesmo, deuse conta dos pasos dados no eido da Administración dixital. Deuse a benvida ao concelleiro do Concello de Santiago Alejandro Sánchez-Brunete, que pasa a ocupar o posto que deixou Agustín Hernández nos órganos de administración e xestión do Consorcio de Santiago; e despediuse á interventora do organismo, Consuelo Lage Ferrón.