Rehabilitación de monumentos 2020

Museo do Pobo Galego


Proxectoadecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego

Intervenciónun dos aspectos máis relevantes desta intervención é a creación dun núcleo de comunicación vertical que dará acceso a todas as plantas do edificio, integrado por un ascensor de alta capacidade e por unha escaleira. As fachadas sanearanse e revogaranse. As cubertas someteranse a unha reestruturación completa. Incorporaranse instalacións de acondicionamento térmico, fontanaría e saneamento, electricidade, telecomunicacións, seguridade, prevención antiincendios... apostando pola xeotermia como forma de enerxía sustentable.

 

      



Edificio da Praza de Salvador Parga nº 4

 

Proxectoinstalación dun ascensor no edificio da Praza de Salvador Parga nº 4

Intervención: instalouse un ascensor no edificio da cidade histórica situado na Praza de Salvador Parga nº 4. Na actualidade é a sede do Conservatorio Histórico, o Ateneo de Santiago e a Real Sociedad Económica de Amigos del País. A finalidade desta intervención era garantir a accesibilidade universal a todas as plantas deste inmoble.

 



Capela da Corticela 

 

Proxectoeliminación das goteiras na cuberta da capela de Santa María A Antiga da Corticela

Intervenciónproponse a reposición da cuberta con tella cerámica. Eliminarase o recrecido de rasillas cerámicas e formigón soporte da tella na actualidade. Limparanse os paramentos de fábrica granítica e aplicarase un tratamento para eliminar a couza. Tamén se repararán as carpinterías metálicas deterioradas e substituiranse os vidros que estean rotos. Renovarase a instalación eléctrica para adecuala á normativa vixente de seguridade.


      



Cemiterio da Orde Terceira Franciscana


Proxecto: obras de acondicionamento do cemiterio da Orde Terceira Franciscana para a súa apertura ao público

Intervención: a falta de mantemento facía que presentara problemas de crecemento incontrolado de vexetación, dificultades de escorrentía das augas pluviais e suciedade, xunto a intervencións desordenadas que alteraban a coherencia construtiva e histórica do conxunto. No que se refire á xardinería, a maioría das especies vexetais foron plantadas sen seguir ningún criterio nin de selección das especies nin no relativo á súa localización. Tratábase, pois, de acondicionar o cemiterio a través da limpeza dos elementos de pedra existentes no mesmo, a mellora dos pavimentos e a reordenación das especies vexetais.


 

 

Igrexa de San Caetano


Proxectoobras de mantemento da igrexa de San Caetano

Intervenciónrenovouse a pintura exterior das catro fachadas e do corpo central da igrexa. Ademais, realizouse unha limpeza da pedra da fachada principal co campanario e as esquinas. E levouse a cabo a renovación do tellado da esquina noroeste.

 

 

    

 

 

Capela de Santas Mariñas do Sar


Proxectoobras de mantemento da capela de Santas Mariñas do Sar

Intervención: a actuación encamiñouse á realización das tarefas de reconstrución do tellado, renovación da pintura das fachadas e do interior, así como a renovación da drenaxe exterior dos muros. Colocouse unha gárgola para favorecer a evacuación da auga da choiva no encontro entre a fachada sur e a sancristía. Restaurouse o revestimento de madeira do muro á rúa e limpouse o muro da fonte, á vez que se levou a cabo o acondicionamento xeral do terreo da parcela e plantouse unha oliveira. Por último, construíronse casetas para aves e morcegos no tellado, co fin de que poidan aniñar.


      



Igrexa de San Frutuoso

 

Proxecto: obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso

Intervención: entre as actuacións que se van levar a cabo, destaca a intervención no tellado e a limpeza das fachadas e do campanario. Ademais, vaise suxeitar a espada que a estatua que representa a Prudencia leva na man esquerda. 


    

 


Capelas da igrexa de San Martiño Pinario

Proxecto: reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario

Intervención: o obxectivo principal desta actuación é evitar a entrada da auga da choiva cara ao interior dos muros das capelas da Nosa Señora do Socorro, Santa Catalina e Santa Escolástica. Intervirase nas súas cubertas, ao tempo que se realizará unha limpeza e rexuntado das súas fachadas e das fachadas da nave central da igrexa que son accesibles desde estas cubertas, xunto a outras obras menores.