Axudas para o mantemento dos edificios da cidade histórica (PRAZO 26 febreiro)

mércores, 27 Xaneiro, 2021

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa “Terémanter”, dirixido á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao matemento da envolvente exterior dos inmobles da Cidade Histórica de Santiago, por un importe global de 410.000 euros.

 

Esta subvención abrangue a restauración ou reposición dos elementos especiais e de interese arquitectónico de madeira como galerías, ventás e portas de entrada aos edificios; restauración de reixas; mantemento de elementos da envolvente exterior como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas; mellora da eficiencia enerxética do edificio; mellora do illamento acústico; así como a mellora das estruturas tradicionais de madeira.

 

O prazo para solicitar estas axudas, que abranguen os honorarios profesionais dos arquitectos, remata o vindeiro 26 de febreiro.

 

Debido ás actuais restricións sanitarias, atenderase a todas as persoas interesadas con cita previa, que deberá solicitarse no teléfono 981 574 700.