![](http://dev.consorcio-santiago.org/sites/default/files/styles/large/public/multimedia/images/2023/07/captura_de_pantalla_2023-07-20_a_las_15.23.29.png?itok=tJC-08TK)
O Consorcio de Santiago celebrou o seu Consello de Administración e Comisión Executiva este xoves na Sede do Consorcio. O Consello aprobou diversos asuntos de trámite e deu a benvida aos seus novos membros. Ambas as reunións estiveron presididas por Goretti Sanmartín, alcaldesa da cidade e estreábanse os concelleiros do Concello de Santiago, Borja Verea e Gonzalo Muíños. Tamén acudiron os vicepresidentes do Consorcio: Pilar Paneque, subsecretaria do Ministerio de Facenda e Función Pública e Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia.