Axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica (prazo 12 de xuño)

martes, 12 Maio, 2020

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa “Localízate”, dirixido á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica, por un importe global de 35.000 euros. Estas axudas permitirán aos comerciantes acometer os investimentos derivados das adaptacións dos locais ás esixencias da “nova normalidade”. O prazo para solicitalas remata o vindeiro 12 de xuño.

 

Esta liña de axudas incentiva a rehabilitación dos establecementos, a través da mellora da súa accesibilidade, da súa eficiencia enerxética, da súa imaxe exterior e o seu acondicionamento interior, xunto a obras de acondicionamento acústico. Inclúense os honorarios de redacción do proxecto e a dirección técnica da obra. A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago encargarase de redactar a documentación técnica no caso das obras de pequena entidade.

 

As dúbidas relativas a esta convocatoria atenderanse prioritariamente por teléfono (981 57 47 00). En caso de querer realizar unha consulta presencial, deberá ser con cita previa.

 

Máis información