![](http://dev.consorcio-santiago.org/sites/default/files/styles/large/public/multimedia/images/2021/03/comision1.jpg?itok=6rM4FsbO)
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, que tivo lugar de xeito semipresencial. Durante a xuntanza abordáronse varios asuntos de trámite, ao tempo que se aprobou un incremento presupostario para a instalación dunha cuberta telescópica na piscina do Multiusos do Sar, cuxo importe ascenderá a 1.126.000 €.