Corte de tráfico na rúa do Vilar dende o 13 de marzo ao 7 de abril

sábado, 25 Marzo, 2017

A rúa do Vilar vaise cortar ao tráfico rodado entre o luns 13 de marzo e o venres 7 de abril para levar a cabo as tarefas de mantemento dos pavimentos antes da Semana Santa. Nesta primeira fase, o corte realizarase, durante estas catro semanas, dende a praza do Toural ata o número 34 da rúa do Vilar.

 

Neste período os vehículos non poderán circular pola rúa do Vilar. Pedímoslles aos veciños afectados que calquera incidencia ou necesidade puntual relativa á mobilidade que puidese producirse durante estes días sexa xestionada con antelación ante o departamento de tráfico do Concello.

 

Dende o Consorcio e dende a empresa Joscon, encargada do servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica, sentimos as molestias que as obras poidan ocasionarlles. O persoal da empresa está a disposición dos veciños co obxecto de minorar no posible os prexuízos que as obras de mantemento poidan causarlles. Para calquera suxestión ou queixa, poden dirixirse mediante correo electrónico a info@joscon.es.