A Coruña acolle a presentación da obra poética de Aurelio Aguirre

luns, 31 Marzo, 2014

A Librería Arenas na Coruña acolle a presentación da obra definitiva do poeta compostelán Aurelio Aguirre (Santiago, 1833 – A Coruña, 1858), que reúne 133 poemas, máis de 80 son inéditos, nun libro titulado Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858. Está editado de maneira conxunta polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora. O acto, presentado polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, contará coa asistencia do director da editorial, Henrique Alvarellos; xunto cos autores da publicación e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Será mañá martes, 8 de abril, ás 20:00 horas.

 

Trátase dunha edición crítica con introdución e notas a cargo da profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade da Coruña Olivia Rodríguez González e un estudo histórico do filólogo da Universidade de Vigo Xurxo Martínez González, que inclúe imaxes de manuscritos do propio Aguirre.