Entrega de publicacións aos visitantes da Casa do Cabido o 17 e 18 de maio

mércores, 8 Maio, 2019

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o venres 17 de maio o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na Praza das Praterías) ao longo da xornada, ata que se esgoten as existencias.

 

E o sábado 18, no marco da conmemoración do Día Internacional dos Museos, o organismo tamén obsequiará con libros do seu fondo editorial aos visitantes da Casa do Cabido. Trátase de exemplares relacionados coa Literatura, a Arte e a Historia de Santiago. Os exemplares pertencen ás diferentes bibliotecas do Consorcio: a biblioteca facsimilar, a científica, a biblioteca de divulgación, a literaria, a biblioteca de imaxes e a biblioteca infantil e xuvenil.

 

A Casa do Cabido abrirá o xoves 17 e o venres 18 no seu horario habitual, de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde.