Con motivo das festas de Nadal, a Casa do Cabido permanecerá pechada ao público o sábado 24 pola tarde e o domingo 25 todo o día. O horario habitual do museo é de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está cerrada.
Nestes intres pode visitarse unha exposición que reúne máis de cen retratos realizados por Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus, retratos que o artista plasmou durante os anos 20 e 30 do pasado século.