O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, coa presenza do alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No transcurso da xuntanza tratáronse varios asuntos de trámite administrativo. Ademais, os membros da Comisión convidaron ao concelleiro Rubén Cela ao inicio da mesma e aproveitaron para despedilo e recoñecer o seu traballo a prol do Consorcio de Santiago. Foi integrante da Comisión Executiva e do Consello de Administración do organismo ata a xuntanza do pasado mes de xullo, momento no que se fixo efectiva a súa substitución pola concelleira Goretti Sanmartín.