O Consorcio de Santiago reúne a súa Comisión Executiva

martes, 8 Outubro, 2024

O Consorcio de Santiago celebrou este martes 8 de outubro a súa Comisión Executiva. A xuntanza estivo presidida pola alcaldesa da cidade e presidenta do organismo interadministrativo, Goretti Sanmartín, e tivo lugar na sede do Consorcio de Santiago no Pazo de Vaamonde.

 

Así mesmo, participaron pola Administración Xeral do Estado, Ángel Esteban Paul, inspector xeral do Ministerio de Facenda; pola Xunta de Galicia, Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e en representación do Concello de Santiago de Compostela, os concelleiros Gonzalo Muíños Sánchez e María Rozas Pérez. Asistiron tamén á xuntanza José Manuel González García, vicesecretario do Concello de Santiago e secretario do Consorcio, Ana Gago, interventora do Concello e responsable de control do Consorcio e Belén Hernández Lafuente, xerente do Consorcio da cidade de Santiago de Compostela.

 

No transcurso da reunión realizouse unha estimación das inversións necesarias para as obras no interior do Pazo de Congresos e Exposición de Galicia, e se analizou o estado das achegas das administracións consorciadas para poder avanzar no orzamento e a programación no vindeiro ano. No relativo a Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais, se deu conta da prórroga dos contratos de director titular e director asistente de ambas institucións. Tamén trataron outros varios asuntos de trámite.