O músico británico Andrew Marriner imparte unha clase de clarinete

domingo, 1 Decembro, 2013

O recoñecido clarinetista británico Andrew Marriner imparte esta semana unha clase maxistral de clarinete na EAEM. Foi clarinete principal na Orquestra Sinfónica de Londres e tamén na Academia de St. Martin in the Fields. Ademais da súa carreira orquestral mantén unha intensa actividade como solista internacional e como músico de cámara. Tocou con agrupacións de todo o mundo, en particular en Europa, América, Asia e Australia e compartiu escenario coas figuras máis distinguidas no ámbito da música camerística.

 

Os seus concertos retransmítense con regularidade pola BBC Radio. Como membro da Orquestra Sinfónica de Londres, ten colaborado en ducias de bandas sonoras de cine e televisión. Destacan as “oscarizadas” Amadeus, Braveheart e O discurso do rei. Tamén participou na música doutras producións cinematográficas tan populares como é o caso de Harry Potter.

 

Marriner imparte clases en conservatorios de distintos continentes, mesmo en Australia e China, e é docente da Real Academia de Música de Londres. Forma parte do xurado de certames internacionais de música. E ten gravado a maior parte do repertorio para clarinete con selos discográficos como Philips ou EMI.