![](http://dev.consorcio-santiago.org/sites/default/files/styles/large/public/multimedia/images/2022/09/ofertaemprego-post_3.png?itok=Qv6iW5uQ)
A Real Filharmonía de Galicia convoca a selección dunha praza de Violonchelo Tutti mediante contrato laboral indefinido.
A oferta publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 169, do 6 de setembro de 2022. A través do apartado de emprego da nosa web poden consultarse as bases da convocatoria así coma o anexo de solicitude de participación na convocatoria.