Oitenta refuxiados ucraínos acudiron ao concerto deste xoves da Real Filharmonía de Galicia

venres, 25 Marzo, 2022

Oitenta refuxiados procedentes de Ucraína acudiron a noite deste xoves á velada musical que ofreceu a Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia para gozar das obras do concerto 'Feito en Hamburgo' baixo a batuta do director titular da orquestra, Paul Daniel.

 

No Auditorio, estes 80 refuxiados que veñen de asentarse en Lalín (Pontevedra) e Santiago de Compostela foron recibidos polo alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo.

 

Como mostra de respecto, ao rematar o concerto, o violinista Gregori Nebodora, de orixe ucraíno, leu un discurso na súa lingua na que pediu acoller con agarimo a todos aqueles que escapan da guerra no seu país, palabras que foron traducidas ao galego por Paul Daniel.

 

Por iniciativa do director titular da Filharmonía, Paul Daniel, a noite rematou co himno ucraíno interpretado pola orquestra, para o que pediu que o público se puxese en pé.