Unha conferencia percorre os 75 anos do Exército do Aire en Galicia

martes, 8 Xullo, 2014

O Museo das Peregrinacións e de Santiago, na Praza das Praterías, acolle dende a semana pasada a exposición itinerante que celebra o 75 aniversario do Exército do Aire en España. Mañá mércores, 16 de xullo, é o último día para visitar esta mostra. Ás 12:00 horas celebrarase unha conferencia na que o comandante galego retirado Rafael Permuy López abordará a historia desta forza aérea en Galicia. Fará un percorrido polas principais anécdotas que tiveron lugar ao longo destes anos, con especial mención aos personaxes que as protagonizaron.

 

O comandante Permuy naceu en Ferrol en 1949. É xornalista en activo e comandante do Corpo Xeral de Armas (artillería) en situación de retiro. É diplomado Especialista Militar en Comunicación Social. Tamén posúe estudos de Xornalismo e Defensa Nacional. Así mesmo, é membro de número do Consello Asesor do Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire, pertencente ao Ministerio de Defensa.

 

Na actualidade é director de publicacións da editorial “Galland Books”, especializada en temas militares e aeronáuticos. Tamén é director adxunto da revista de historia e actualidade militar “Ares Enalyus”. Ten publicado máis dunha trintena de libros centrados en temas aeronáuticos e militares, varios deles traducidos ao inglés, francés, portugués, grego e mesmo ao polaco.