Salón Teatro. Corazón do espectáculo

Autor: 
Jesús A. Sánchez García
Formato: 
Rústica
Año: 
2013
Características: 
205 páginas / 17 X 24 cm

Inaugurado nun mes de outubro de 1920, o Salón Teatro constituíuse axiña en referente cultural de Santiago. Cine, teatro, música e outras manifestacións artísticas sucedéronse neste edificio -situado no número 34 da rúa Nova- ao longo de todos estes anos. Dende 1999 é sede do Centro Dramático Galego. Este libro de Jesús Ángel Sánchez recolle de maneira amena, documentada e ilustrada con máis dun cento de fotografías e documentos da época, a crónica dunha institución que foi, e segue a ser, protagonista indiscutible da vida cultural compostelana.

ISBN: 
978-84-89323-54-4