Santiago, 1909. Centenario da Exposición Rexional Galega

Autor: 
Henrique Alvarellos Casas
Formato: 
Cartoné
Año: 
2009
Características: 
140 pag./pax 20 X 21 cm

Limiar de Margarita Barral. Henrique Alvarellos "retorna" a 1909 nesta publicación e reconstrue a Exposición Rexional Galega celebrada en Santiago naquel primeiro Ano Santo do século XX. Por esta "Expo" pasaron máis de 53.000 persoas, o dobre da poboación da cidade nese momento, que percorreron os diferentes pavillóns que acolleron máis de 10.000 pezas de arqueoloxía, obras de arte e historia.

ISBN: 
978-84-89323-33-9