Obradoiro de Proxectos da Oficina Técnica

Arquitectos de recoñecido prestixio e ampla experiencia, como Manuel Gallego Jorreto, César Portela e Víctor López Cotelo, entre outros destacados profesionais da arquitectura, supervisan a marcha do Obradoiro de Proxectos que desenvolve a súa actividade na sede do organismo interadministrativo. Trátase dunha iniciativa laboral de carácter formativo con arquitectos e aparelladores novos que traballan no desenvolvemento de proxectos que leva a cabo a Oficina Técnica do Consorcio, dirixida por Ángel Panero. A duración do contrato destes profesionais novos é dun ano prorrogable a un ano máis para os arquitectos seleccionados.


Este Obradoiro está a desenvolver desde o inicio proxectos de rehabilitación e mantemento de vivendas e de intervención en espazos públicos executados polo Consorcio de Santiago ou polo propio Concello. Tamén destacan entre as súas competencias os labores de supervisión destas obras. Así, desde a súa posta en marcha en maio de 2006, os integrantes do Obradoiro teñen intervido en 175 expedientes de vivendas, 32 de mantemento, 71 de carpintería, 8 de monumentos e 3 de espazos públicos, entre outros.


Dende o ano 2006 participaron neste Obradoiro:


2006
Arquitectos: María Paz Sangiao, Alberto Blanco Boubeta, Rosa Teira Paz, Pablo Ferreiro Lorenzo
Arquitectos tec: Magdalena Porto Cebreiro, María Ferreirós Magariños


2007
Arquitectos: María Paz Sangiao, Alberto Blanco Boubeta, Ibana Conte García, María Xosé Pérez González.
Arquitectos tec: Magdalena Porto Cebreiro, Diego Páramos Calo


2008
Arquitectos : Ibana Conte García, María Xosé Pérez González, Juan López Villanueva, Adrián Martín Prieto
Arquitectos tec: Diego Páramos Calo, Fernando Seoane López.


2009
Arquitectos : Juan López Villanueva, Adrián Martín Prieto, Carolina García Rodríguez, Jorge Ares Rodríguez
Arquitectos tec: Fernando Seoane López, Jorge Vázquez Couto


2010
Arquitectos : Carolina García Rodríguez, Jorge Ares Rodríguez, Elena Sarmiento Díez, Fernando Seoane López
Arquitectos tec: Jorge Vázquez Couto y Patricia París Suárez.


2011
Arquitectos : Fernando Seoane López , Elena Sarmiento Díez, Alba Fernández Árias
Arquitectos tec: Patricia París Suárez, Verónica Castiñeira Veiga.