Rehabilitación de monumentos 2019

Igrexa de San Caetano


Proxectoobras de mantemento da igrexa de San Caetano

Intervención: renovarase a pintura exterior das catro fachadas e do corpo central da igrexa. Ademais, realizarase unha limpeza da pedra da fachada principal co campanario e as esquinas. E levarase a cabo a renovación do tellado da esquina noroeste.


    



Capilla de Santas Mariñas do Sar


Proxectoobras de mantemento da capela de Santas Mariñas do Sar

Intervencióna actuación encamíñase á realización das tarefas de reconstrución do tellado, renovación da pintura das fachadas e renovación da drenaxe exterior dos muros. Ademais, modificarase a altura do pasamáns de subida na escaleira de acceso dende a rúa. E está previsto tamén restaurar o revestimento de madeira do muro á rúa e limpar o muro da fonte.


      



Igrexa de San Frutuoso

 

Proxecto: obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso

Intervenciónentre as actuacións que se van levar a cabo, destaca a intervención no tellado e a limpeza das fachadas e do campanario. Ademais, vaise suxeitar a espada que a estatua que representa a Prudencia leva na man esquerda.

 

    


Capelas da igrexa de San Martiño Pinario

Proxecto: reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario

Intervención: o obxectivo principal desta actuación é evitar a entrada da auga da choiva cara ao interior dos muros das capelas da Nosa Señora do Socorro, Santa Catalina e Santa Escolástica. Intervirase nas súas cubertas, ao tempo que se realizará unha limpeza e rexuntado das súas fachadas e das fachadas da nave central da igrexa que son accesibles desde estas cubertas, xunto a outras obras menores.

 

    


Cemiterio da Orde Terceira Franciscana

Proxectoobras de acondicionamento do cemiterio da Orde Terceira Franciscana para a súa apertura ao público

Intervencióna falta de mantemento fai que presente problemas de crecemento incontrolado de vexetación, dificultades de escorrentía das augas pluviais e suciedade, xunto a intervencións desordenadas que alteran a coherencia construtiva e histórica do conxunto. No que se refire á xardinería, a maioría das especies vexetais foron plantadas sen seguir ningún criterio nin de selección das especies nin no relativo á súa localización. Trátase de acondicionar o cemiterio a través da limpeza dos elementos de pedra existentes no mesmo, a mellora dos pavimentos e a reordenación das especies vexetais.


    



Ermida de Agualada de Marantes

 

Proxectoobras de mantemento da ermida de Agualada de Marantes

Intervenciónrealizaranse tarefas de renovación da pintura e limpeza da pedra das fachadas, renovarase o tellado da sancristía e levarase a cabo a drenaxe da cara exterior dos muros que conforman a igrexa.

 

         


 

Edificio da Praza de Salvador Parga nº 4

 

Proxecto: instalación dun ascensor no edificio da Praza de Salvador Parga nº 4

Intervención: vaise instalar un ascensor no edificio da cidade histórica situado na Praza de Salvador Parga nº 4. Na actualidade é a sede do Conservatorio Histórico, o Ateneo de Santiago e a Real Sociedad Económica de Amigos del País. A finalidade desta intervención é garantir a accesibilidade universal a todas as plantas deste inmoble.

 



Museo do Pobo Galego


Proxectoadecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego

Intervenciónunha das propostas máis relevantes do proxecto é a creación dun núcleo de comunicación vertical, integrado por un ascensor de alta capacidade e por unha escaleira que unirá todas as plantas. As fachadas da ala sur vanse revocar, melloraranse as condicións térmicas e renovaranse as cubertas. Substituirase ademais a estrutura portante dos forxados que se atopan en mal estado ou que son incapaces de soportar as cargas de uso propias dun museo. Realizarase a limpeza e restauración da fachada do atrio da igrexa de Bonaval, das súas carpinterías e das súas reixas históricas.